Organizan en Pontevedra unha recollida solidaria de zapatillas de running para enviar a unha zona rural de Guinea Bissau
Por Redacción
#PontevedraCorreXGuinea. É a iniciativa que se puxo en marcha na cidade para reunir material deportivo que será enviado a unha zona rural de Guinea Bissau.
Esta iniciativa solidaria, canalizada a través da Organización Non Gobernamental (ONG) Silo Gambasse, busca darlle unha segunda vida a zapatillas deportivas e de running que se atopen en bo estado, como un "aliciente máis para que as familias leven aos seus nenos á escola e iniciarlles na práctica deportiva desde idades temperás" nunha zona especialmente desfavorecida.
En concreto todo o material será enviado a Gambasse, unha zona rural de Guinea Bissau, onde esta ONG xestiona unha escola con máis de 800 nenos.
Ata o próximo 5 de febreiro todos os interesados en colaborar entregando o material nas cafeterías Dulce de Leche (rúas Raíña Vitoria, Marqués de Riestra, Peregrina e Fernández Ladreda) ou na tenda Miller Vintage Running, na rúa Peregrina.
Relacionadas:
-
A toda mecha en Gambasse coas zapatillas doadas desde Pontevedra
Por Redacción |
-
A solidariedade pontevedresa supera todas as expectativas e envía 1.051 zapatillas con 'Pontevedra Corre X Guinea'
Por Natalia Puga |
-
A comunidade educativa volve envorcarse pola paz e contra a violencia
Por Redacción |