O Tenis de Mesa Monte Porreiro inicia o ano con récord de inscrición para o seu Torneo Internacional
Por Redacción
Volve unha das citas xa tradicionais no calendario deportivo local, o Torneo Internacional do Tenis de Mesa Monte Porreiro na que será a súa XXII edición.
Despois de varios anos sen poder celebrarse, o club pontevedrés recupera o seu torneo e faino da mellor forma posible, cunha participación de récord.
Máis de 240 deportistas confirmaron a súa presenza no evento, que se desenvolverá o vindeiro domingo 8 de xaneiro desde as 9.30 horas da mañá no pavillón de Príncipe Felipe.
Para facelo posible instalaranse no pavillón ata 20 mesas de xogo, nas que competirán deportistas en idade prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil e absoluta, ademais de persoas con discapacidade.
Cada unha das categorías contarán cunha primeira fase clasificatoria de grupos e unha segunda de eliminación directa nunha xornada festiva que será un auténtico maratón de tenis de mesa. Non hai mellor maneira de comezar o ano.
Relacionadas:
-
Tenis de mesa polos catro custados no XXII Torneo Internacional do TM Pontevedra
Por Redacción |
-
Derrota do TM Monte Porreiro fronte o líder Cajasur Priego (4-0)
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para o TM Monte Porreiro no preestatal disputado en Narón
Por Redacción |
-
Dura derrota no Príncipe Felipe do Monte Porreiro ante o Burgos (0-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |