Antía Jácome ve en Teresa Portela "o noso referente no piragüismo. É unha muller que inspira"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A iniciativa #EllasReferentes impulsada polo Comité Olímpico Español (COE) conta este mércores 7 de decembro cunha deportista pontevedresa como protagonista.
Antía Jácome responde con sinceridade a unhas poucas preguntas sobre os seus referentes, con "a miña nai" a nivel persoal como persoa a seguir "porque ao final é o que me ensinou os valores que teño hoxe en día, grazas a ela estou onde estou".
Pero, e a nivel deportivo?, unha figura sobresae por encima do resto, como é a subcampioa olímpica Teresa Portela.
"Ao final é o noso referente no piragüismo. É unha muller que inspira, que transporta uns valores que ao final nos serven a todas as deportistas", explica vendo como un soño poder disputar ata seis Xogos Olímpicos.
Antía Jácome dirixe ademais unhas palabras ás nenas que a ven a ela como un referente, pedíndolles "que traballen, que loiten, que o depote é sufrimento pero tamén é diversión, hai tempo para todo", e concluíndo cunha mensaxe para ela mesma, e é que "ao final se queres algo e loitas forte por iso pódelo conseguir".
Relacionadas:
-
Os equipos senior do Ciudad de Pontevedra e Kayak Tudense gañan o autonómico de K4 e C4
Por Redacción |
-
Antía Jácome e María Corbera "unen forzas" en busca do billete olímpico no C2-500
Por Redacción |
-
O vicepresidente da Xunta felicita en Verducido ao piragüismo galego polas súas 106 medallas internacionais
Por Redacción |