Aprazado pola alerta meteorolóxica o Trofeo Villa de Marín de remo
Por Redacción
O Comité Organizador da Semana Abanca de deportes náuticos, xunto á Federación Galega de Remo, optou pola prudencia ante as malas previsións meteorolóxicas suspendendo o Trofeo Villa de Marín de Remo que se ía a celebrar este sábado 22 de outubro.
A cita, incluída dentro da Copa Galicia de Bateis, ía contar con máis de medio milleiro de deportistas de diferentes idades, con 85 embarcacións de 17 clubs rexistrados.
Finalmente ao decretar a Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia a alerta laranxa na franxa costeira debido ao temporal, acordouse aprazar o evento.
A nova data fixada para o mesmo, con idéntica programación, é o próximo 12 de novembro.