Máis de 500 deportistas para un Trofeo Villa de Marín de Remo que mira ao ceo
Por Redacción
O remo galego ten unha cita un ano máis en Marín coa celebración da Copa Galicia de Bateis, incluída dentro do ciclo de deportes náuticos Semana Abanca.
No que respecta ao Trofeo Villa de Marín, presentado este xoves en sociedade, celebrarase o vindeiro sábado 22 de outubro sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, segundo confirmaron desde a organización ante a mala previsión.
Se así é serán máis de medio milleiro os deportistas que se citen no Paseo Alcalde Antonio Blanco, ante o que estará situado o campo de regatas.
En total está prevista a participación de 17 clubs e 85 bateis en catro categorías masculinas e outras tantes femininas.
Os que poñerán en liza máis bateis serán Samertolameu de Meira, Cabo de Cruz de Boiro e Mecos do Grove, con oito cada un.