O rugby, principal novidade nas escolas deportivas de Poio que comezan o 3 de outubro
Por Redacción
Un ano máis, coa chegada do mes de outubro as escolas deportivas municipais de Poio retoman a súa actividade.
Aínda permanece aberto o prazo de inscrición para anotarse nalgunha das 14 disciplinas que se ofertarán durante a tempada 2022-2023.
Nesta ocasión, aparece como principal novidade o rugby e tamén hai que salientar a recuperación doutras opcións, como a vela ou o atletismo, que se suman ás máis clásicas, como fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, tenis, ciclismo, taekwondo, tríatlon, duatlón, kaiak-polo, piragüismo ou ximnasia, entre outras.
As anotacións poden realizarse de xeito telemático. Na páxina web do Concello de Poio atópanse os formularios precisos para tramitar as inscricións, así como os correos de contacto dos clubs que asumen directamente as xestións das anotacións.
As prazas son limitadas e que se seguirá un rigoroso orde de inscrición, polo que anima ás persoas interesadas a reservar canto antes. Como xa é habitual, organizaranse grupos de adestramento e equipos en función das idades e da demanda.
Na tempada 2021-2022 participaron máis de 500 rapaces de diferentes idades nas escolas deportivas.
Relacionadas:
-
As escolas deportivas de Poio regresan a cifras prepandemia con máis de 700 menores inscritos
Por Redacción |
-
Os mellores equipos de petanca, na Copa Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O prazo de preinscrición para as Escolas Deportivas Municipais abrirá o 15 de setembro
Por Redacción |
-
O Salcedo sae á rúa farto de ser "o club máis antigo sen un campo de herba"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |