Dobrete de bronce para o equipo de Dragon Boat de Adicam en competición europea
Por Redacción
As padeeiras do equipo Dragon Boat pontevedrés que representaron a España no Campionato de Europa BCS (Breast Cancer Survivors, en galego, sobreviventes de cancro de mama) non se cansan de sumar medallas e agradables experiencias deportivas. Despois de saborear o bronce e a prata en dúas competicións a nivel nacional, as deportistas volveron subirse ao terceiro chanzo do podio nas dúas competicións continentais celebradas a pasada fin de semana en Banyoles.
Na localidade catalá, remaron cinco integrantes do equipo pontevedrés, pertencentes á Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam) e adestradas pola Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, acompañadas de dous tripilantes de Valencia e dúas de Madrid, todas elas pacientes de cancro de mama.
"Foi dous competiciónes, unha de 200 o sábado e outra de 500 o domingo. Nas dúas sacamos medalla de bronce", presume Isabel Lema, unha das integrantes da tripulación.
Pero o carácter competitivo desta proba é o de menos. "A experiencia foi única. Estar con persoas de distintos países convivindo e competindo fainos estar super contentas. Queremos facer visible está experiencia para animar a outras mulleres para probar o Dragon Boat porque achega moitísimos beneficios físicos e emocionais", remarca a deportista dando as grazas a Adicam e á EP Cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Libélulas, mulleres que fan equipo contra o cancro de mama
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Sobreviventes de cancro saen á rúa para reivindicar que "hai vida despois do cancro"
Por María José Pita |
-
O equipo pontevedrés de Dragon Boat BCS toma rumbo cara o Campionato de Europa
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Doce pontevedresas diagnosticadas de cancro viaxan a Asturias para participar nunha competición de 'dragon boat'
Por Redacción |