A RFEF expulsa o DUX, o Talavera será o seu substituto
Por Redacción
Punto e final ao esperpento protagonizado ao longo do verán polo DUX Internacional. O equipo madrileño foi incapaz de inscribir xogadores e técnicos para cumprir a normativa e competir en Primeira Federación. Despois do ultimato dado pola RFEF, que deu de marxe ata o final do mercado de fichaxes e aprazou as súas dúas primeiras xornadas de liga, o xuíz único de competición fixo público a resolución pola que expulsa ao equipo da competición.
No mesmo comunicado, informan o CF Talavera de la Reina que dispón dun prazo de 24 horas para formalizar a súa inscrición no grupo I de Primeira Federación para cubrir así a vacante deixada polo DUX. Ao mesmo tempo, o Cerdanyola é o candidato para cubrir o oco que deixaría en Segunda Federación o cadro toledano.
A do DUX Internacional de Madrid é unha crónica dunha morte anunciada. Desde que se aprobaron as bases de competición, a directiva do equipo madrileño non ocultou o seu inconformidad cunhas normas de carácter económico que consideraban que non poderían cumprir. É por iso que non inscribiron a ningún xogador e tampouco comprecieron nos seus dous primeiros compromisos ligueiros.
Se o Talavera consegue cumprir os requisitos, terá que recuperar nunha data aínda por determinar os dous encontros aprazados fronte ao Deportivo e o Mérida. Todo apunta a que o debut do equipo manchego esta tempada na Primeira Federación será en Pasarón o 11 de setembro fronte ao Pontevedra.
Relacionadas:
-
Incerteza na Primeira RFEF: o TAD anula a expulsión do Internacional de Madrid
Por Almu Dapena |
-
Xa é oficial: O Talavera substitúe ao Internacional de Madrid en Primeira Federación
Por Manu Otero |
-
Excesivo castigo para o Pontevedra na súa visita o Sanse (2-0)
Por Almu Dapena |
-
A RFEF dá un ultimato ao DUX e o Talavera confía en ocupar a súa praza en Primeira Federación
Por Manu Otero |