Xa é oficial: O Talavera substitúe ao Internacional de Madrid en Primeira Federación
Por Manu Otero
O culebrón do verán termina ás portas do outono. Non foi a historia de ningunha fichaxe, senón da baixa dun club. O DUX Internacional de Madrid, que perdeu tamén o apoio do club de gamers, foi incapaz de inscribir xogadores de acordo ás normas da Primeira Federación e a RFEF acordou que o Talavera sexa o seu substituto.
Coa liga xa iniciada e dúas xornadas disputadas, un novo equipo inscríbese na competición. Trátase do Talavera de la Reina, o equipo que descendeu o pasado curso como mellor clasificado do grupo I e que tiña prioridade á hora de ocupar unha vacante, parte con dous partidos pendentes de disputar e debutará en Pasarón este domingo ás 19 horas fronte ao Pontevedra.
Nun comunicado, emitido a última hora da tarde deste martes e a só catro días do inicio da próxima xornada, o xuíz único de competicións non profesionais da RFEF determinou, despois de comprobar a documentación presentada por cada aspirante, asignar a vacante en Primeira Federación ao Talavera e a que deixa o cadro toledano en Segunda Federación, ao Cerdanyola.
Con todo, o que aínda se descoñece son as datas nas que o Talavera terá que recuperar os seus partidos pendentes fronte ao Deportivo e Mérida.
Relacionadas:
-
Incerteza na Primeira RFEF: o TAD anula a expulsión do Internacional de Madrid
Por Almu Dapena |
-
Un penalti dubidoso e unha expulsión catapultan ao Pontevedra cara á vitoria ante o Talavera (3-0)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
A RFEF expulsa o DUX, o Talavera será o seu substituto
Por Redacción |
-
A RFEF dá un ultimato ao DUX e o Talavera confía en ocupar a súa praza en Primeira Federación
Por Manu Otero |