O Leis confírmase no liderado tras gañar con claridade ao segundo clasificado, o Troula FS (5-2)
Por Redacción
Importante triunfo do Leis Pontevedra, que se confirma no liderado tras gañar ao seu inmediato perseguidor, o Troula FS de Betanzos, de xeito claro (5-2) no Pavillón Municipal.
Os de Manu Cossío repuxéronse ao dominio inicial dos visitantes adiantándose grazas a unha contra culminada por Pablo Durán, un gol que deu seguridade aos lerezanos, crecido polo bo ambiente do Municipal, para confirmar a vantaxe co 2-0 antes do descanso.
Á volta de vestiarios o Troula acurtou distancias, pero deseguida o Leis volveu abrir brecha para confirmar tres puntos vitais na loita polas primeiras posicións.
Co triunfo o equipo pontevedrés mantense na primeira posición da Terceira División, pero agora amplía a súa vantaxe co segundo clasificado a catro puntos.
LEIS PONTEVEDRA (5): Chenlli, Carlos, Dani Taboada, Martín, Sergio Martínez (1), Sergio García, Pablo Durán (2), Raúl Jiménez (1), Miguel López (1), Miguel Cabaleiro, Noel Gómez.
TROULA BETANZOS FS (2): Fernando, Iago Socastro, Santi, Rubén, Alberto, ÿscar, Álex, Alan (1), Lorenzo (1).
Árbitros: Otero Baltasar e Gonzalez Lubián. Amoestaron a Pocho no Leis e a Rubén, Iago, Oscar, Alan e Alberto no Troula.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.