Álex González incorpórase ao grupo e alivia a situación da enfermería do Pontevedra
Por Diego Espiño
Alivio para a enfermería do Pontevedra Club de Fútbol e sobre todo para o problema que acumulaba nos laterais o técnico Antonio Fernández pensando no debut ligueiro do 28 de agosto fronte ao Alcorcón.
Tras varias semanas traballando a menor ritmo, Álex González reincorporouse ao grupo e apura a súa posta a punto xunto ao resto dos seus compañeiros.
O capitán granate, con problemas físicos, non volvera a participar ao 100% desde o encontro de preparación ante o Ourense CF, o pasado 2 de agosto.
A súa alta médica supón unha dor de cabeza menos para Antonio, xa que a maioría dos problemas físicos afectaban os laterais do equipo. Con todo con Álex González e Ángel Bastos dispoñibles as opcións ábrense de cara ao primeiro once inicial da tempada.
Os que seguen polo momento traballando á marxe son os laterais Seoane e Samu Araújo, nunha enfermería á que se sumou Pablo Cacharrón tras someterse este xoves a unha artroscopia no seu xeonllo esquerdo debido a unha rotura de menisco.
Pola súa banda o central Churre, a pesar de exercitarse cunha vendaxe de protección no seu xeonllo, completou sen problema a sesión matinal de traballo celebrada este venres no campo da Seca, en Poio.
Relacionadas:
-
O plantel "máis caro" da era Lupe Murillo encoméndase á Peregrina para lograr "unha permanencia, un playoff ou un ascenso"
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O senegalés Libasse Guèye, nova fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Baixa inesperada no Pontevedra: Pablo Cacharrón, operado do menisco do seu xeonllo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Unha pretempada con certezas, pero tamén con dúbidas
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pecha a súa pretempada con triunfo na Estrada (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Unha dúbida 'lateral' para Antonio Fernández
Por Diego Espiño |