Baixa inesperada no Pontevedra: Pablo Cacharrón, operado do menisco do seu xeonllo
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Pablo Cacharrón perderase o inicio de liga de Primeira RFEF co Pontevedra Club de Fútbol.
O gardameta granate, titular durante gran parte da pasada campaña, foi intervido cirurxicamente este xoves para solucionar un problema no menisco do seu xeonllo e deixar atrás as molestias que arrastraba, segundo avanzou o portal PontevedraCF.net e puido confirmar PontevedraViva.
Trátase dunha baixa inesperada no cadro pontevedrés, xa que Cacharrón participara con normalidade na pretemporada do equipo ata o duelo ante o Coruxo.
Despois desa cita perdeu os encontros fronte ao Juvenil de Ponteareas e Estradense.
Coa súa ausencia Álvaro Cortés queda como o único porteiro do primeiro equipo dispoñible xunto ao arqueiro Manu Vizoso, procedente do filial e que aínda non foi confirmado como xogador do primeiro plantel.
PARTE MÉDICO
A última hora da tarde o Pontevedra emitiu un parte médico sobre a operación de Pablo Cacharrón, referíndose que durante a resonancia magnética previa e a artroscopia realizada no seu xeonllo comprobouse a rotura do menisco interno, nunha zona na que xa sufrira lesións con anterioridade
"Dadas as intervencións previas no citado xeonllo, o tempo de recuperación é de difícil fixación, aínda que a estabilidade do remanente meniscal indica que será razoablemente curto", sinala o citado parte.
Relacionadas:
-
O plantel "máis caro" da era Lupe Murillo encoméndase á Peregrina para lograr "unha permanencia, un playoff ou un ascenso"
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra esgota todas as súas fichas sénior
Por Manu Otero |
-
Álex González incorpórase ao grupo e alivia a situación da enfermería do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O senegalés Libasse Guèye, nova fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada con certezas, pero tamén con dúbidas
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pecha a súa pretempada con triunfo na Estrada (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Unha dúbida 'lateral' para Antonio Fernández
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, tras o empate en Ponteareas: "Non estivemos acertados"
Por Almu Dapena |
-
Juvenil de Ponteareas e Pontevedra empatan no penúltimo partido de pretempada granate (0-0)
Por Redacción |
-
Publicados os horarios das dúas primeiras xornadas de Primeira Federación: Pontevedra - Alcorcón, o día 28 ás 19.30 horas
Por Manu Otero |