Adestrar fóra da cidade, problema engadido para o Pontevedra
Por Diego Espiño
A falta de campos de herba natural para realizar os seus adestramentos, tralo comezo das obras de remodelación de Príncipe Felipe, derivou nunha xornada axitada no Pontevedra Club de Fútbol.
O club granate, que confirmara que a sesión deste mércores realizaríase no campo das Canteiras, en Cuntis, viuse obrigado a cambiar ata en dúas ocasións de lugar de preparación nun curto espazo de tempo.
Primeiro informouse da cancelación da viaxe a Cuntis para utilizar o campo da Xunqueira, pero ao cerciorarse de que a instalación estaba ocupada, o primeiro equipo terminou por saltar ao céspede de Pasarón, onde os de Manu Fernández traballaron máis de dúas horas pensando na difícil saída do próximo domingo a Ordes.
O motivo principal de tanto cambio explícase ante a disconformidade do plantel a asumir nos seus propios coches o traslado a Cuntis de xeito habitual, tal e como plantexa o club, que pretende fixar polo menos unha sesión á semana nunha instalación de herba natural.
O sobrecusto que xerarían estes quilómetros de máis enténdese como unha losa entre uns futbolistas que contan, a diferenza de anos atrás, cuns salarios modestos.
Nestes momentos a mellor opción para o Pontevedra pasa precisamente pola vila termal, ao atoparse o campo das Canteiras prácticamente sen uso e ante a predisposición tanto do concello como dos responsables do Atlético Cuntis para permitirlle o seu uso.
Esta situación obriga ao club a barallar agora a posibilidade de contratar un microbús para os días que sexa necesario adestrar fóra da cidade, tendo que asumir un gasto que non entraba nos plans dos dirixentes granates.
No estrictamente deportivo Manu Fernández non poderá contar aínda con Benja, Javi Otero e Fran Fandiño para a próxima xornada por lesión, ao que se suma a baixa por sanción de David Pérez. No caso de Fandiño o xogador xa se ejercita gran parte do tempo co resto dos seus compañeiros, pero prefírese non precipitar a súa volta por medo a unha recaída.
AS PEÿAS ORGANIZAN VIAXE A ORDES
Os granates non estarán sos no campo de Vista Alegre de Ordes, e é que a Asociación de Peñas está organizando unha viaxe para todos os afeccionados que queiran acompañar ao equipo.
O prezo do desprazamento será de 15 euros coa entrada ao partido incluída, tendo os interesados que anotarse ata o venres nas billeteiras de Pasarón de 18:00 a 21:00 horas.