O comezo das obras en Príncipe Felipe obriga ao Pontevedra a peregrinar pola provincia
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/175/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55392d24b1-img_9018.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c2b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/553930b629-img_9009.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Nove anos logo da súa estrea, para a fase de ascenso a Segunda División en 2004, o campo de Príncipe Felipe viu como a maquinaria entrou este luns nas instalacións para comezar unha remodelación na que se instalará céspede artificial, ademais de habilitar dous campos de fútbol-7 cun investimento próximo aos 500.000 euros.
Esta situación empuxa ao Pontevedra, moito tempo despois, a peregrinar de novo pola provincia coa intención de realizar polo menos unha sesión semanal nun campo de herba natural.
Os granates alternarán adestramentos en Pasarón, cando o tempo permítao, e instalacións de céspede artificial, pero aquí xorde outro problema, o pouco tempo dispoñible na Xunqueira e o seu estado, cualificado como "lamentable, especialmente el más antiguo" polo presidente do Pontevedra, José Manuel Fernández.
O dirixente recoñeceu que mantiveron conversacións con varios concellos, pero a xestión non é sinxela porque "los que tienen en sus instalaciones un campo de futbol de hierba natural tienen sus propio equipos y lo cuidan para ellos, como es evidente".
Fernández entende que "aquí campos de hierba natural hay pocos, uno en Cuntis, en Cambados y poco más", posto que Poio, segundo o presidente, "lo hemos hablado pero no lo permiten".
A pasada semana, aproveitando un encontro amistoso en Cuntis ante a Selección Galega Sub-18, o primeiro equipo granate exercitouse a escasos metros no campo das Canteiras, no mesmo municipio.
Tralas obras en Príncipe Felipe, que durarán "entre catro e seis meses", as instalacións serán usadas por máis equipos da zona, aínda que o Pontevedra poderá volver usalo con asiduidad. Así o asegurou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha visita aos traballos, na que aproveitou para criticar "a carencia de instalacións deportivas en Pontevedra".
Rafael Louzán: "En Pontevedra, con 80.000 habitantes, non hai unha soa instalación municipal de céspede natural"
Segundo Louzán o problema é "en Pontevedra, con 80.000 habitantes, non hai unha soa instalación municipal de céspede natural para que poida entrenar o Pontevedra ou incluso para poder xogar calquera outro equipo".
O presidente provincial cargou na súa intervención contra o Concello, á vez que reclamou máis apoio para o club lerezano: "a veces decimos que queremos ter un Pontevedra nunha categoría, ou decimos unha serie de cousas, pero queremos se todos apoiamos senón non é posible telo".
Polo momento o plan de traballo semanal do Pontevedra Club de Fútbol inclúe dous adestramentos en Pasarón (luns e xoves), pero non se confirmou o lugar das sesións de mércores, venres e sábado.