Pontevedra énchese de bicis coa quinta edición da 4 Picos Road
Por Cristina Saiz & Redacción
As estradas de Pontevedra e a súa comarca enchéronse de ciclismo este domingo pola celebración da quinta edición dos 4 Picos Road, unha marcha ciclista non competitiva organizada pola empresa Global DXT que homenaxea ao director do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Evaristo Portela.
A xornada estivo acompañada en todo momento do bo tempo, vantaxe para que os afeccionados puidesen gozar do trazado e da paisaxe por onde transcorreu a proba.
O percorrido dos ciclistas foi o mesmo que na edición anterior, con dúas posibilidades segundo o nivel de cada participante.
Con saída desde o paseo de Montero Ríos a partir das 9:00 horas, os ciclistas puideron elixir entre a proba de medio fondo de 95 quilómetros, con tres picos e un desnivel positivo de 2.100 metros, ou a de gran fondo, de 125 quilómetros e un desnivel positivo de 2.700 metros, cun cuarto pico no muro de San Julián que finalizou no Lago de Castiñeiras. Desde aí os corredores regresaron neutralizados ata a Alameda, onde estaba a meta.
Nesta ocasión, ademais, os 4 Picos tivo como padriño ao exciclista Marino Lejarreta, gañador dunha Volta a España e de varias etapas nas grandes carreiras do circuíto internacional e nacional nos anos 80 e 90.
Relacionadas:
-
A 4 Picos Road regresa o 23 de abril cunha imaxe renovada e para todo tipo de participantes
Por Almu Dapena |
-
A 4 Picos Road regresa o 26 de xuño co "muro de San Xulián" como reto principal
Por Manu Otero |
-
A 4 Picos volve á orixe coa súa sétima edición e con David Vaz revalidando título
Por Cristina Saiz & Redacción | Creada e actualizada
-
A 4 Picos celebra os seus oito anos de historia cunha "volta á orixe"
Por Manu Otero |