Ceci gaña un posto na Selección para o Mundial
Por Redacción
O Poio Fútbol Sala terá representación no IV Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino, e é que Cecilia Puga "Ceci" convenceu ao seleccionador nacional José Venancio, que a incluíu na lista definitiva para a competición.
Ceci gañou un posto na Selección Absoluta despois de destacar na súa estrea internacional en Portugal, onde marcou un tanto ante o combinado luso.
Non correu a mesma sorte a súa compañeira de equipo Silvia Aguete, xa que a porteira non foi incluída na convocatoria.
O Mundial celebrarase do 13 ao 20 de decembro Alcázar de San Juan e Ciudad Real, coa presenza de Brasil, Costa Rica, Portugal, Rusia, Ucraína, Xapón e Irán.
Ademais de Ceci a lista do combinado español compóñena: Vane (Ponte Ourense), Belén, Jenny, Leti, Ana Juan e Natalia (At.Madrid Navalcarnero), Chamorro (Móstoles), Isa García (Alcorcón), Lucía (Viaxes Amarelle), Peque e Lidia Mesías (Burela), Berta (Gironella) e Amparo (Ternana Futsal).