Robertas Geralavicius bate o récord de maratón da Gimnástica cunha formidable carreira en Valencia
Por Redacción
ÿxito de Robertas Geralavicius no seu primeiro maratón. Nunca antes un atleta da Sociedade Gimnástica correra esta distancia tan rápido como o atleta lituano en Valencia. Logrou un fantástico rexistro de 2 horas, 21 minutos e 24 segundos,
Mellorou o récord anterior do equipo pontevedrés en 1 minuto e 22 segundos. Dita marca tíñaa ata agora Javier Vázquez desde o ano 2000, cando no Maratón de Rotterdam, completou os 42 quilómetros e 195 metros en 2 horas, 22 minutos e 46 segundos.
Geralavicius finalizou a carreira no posto decimocuarto, sendo o primeiro atleta europeo na liña de meta. Entrou detrás da representación africana, que converteu a Valencia no maratón máis rápido da historia, celebrado en chan español. O gañador, Félix Kipkemoi Keny, realizou un rexistro inesquecible de 2 horas, 7 minutos e 14 segundos.
RUBEN DIZ, O MELLOR EN OURENSE
Os atletas da Gimnástica tamén participaron esta fin de semana na carreira popular San Martiño (Ourense), unha das probas pedestres máis emblemáticas do atletismo galego. Nela non houbo grandes figuras foráneas polo que a vitoria decidiuse entre os mellores especialistas galegos da distancia de 10 quilómetros.
Os atletas pontevedreses fixéronse notar no grupo de cabeza, pero ao final non puideron pelexar polo podio. Aínda así hai que destacar a actuación de Rubén Diz, sexto en liña de meta; Víctor Riobó, oitavo e Iván Docampo, que asinou un magnífico noveno posto. En canto ás mulleres, cabe destacar a Eva Iglesias que conseguiu a decimonovena posición.
Relacionadas:
-
Triunfo por equipos da Sociedad Gimnástica no XXXV Memorial Belarmino Alonso de campo a través
Por Redacción |
-
Reforzos de luxo para a Gimnástica ante unha tempada ilusionante
Por Diego Espiño |
-
Robertas Geralavicius acada a vitoria para a Sociedad Gimnástica na Carreira Popular de Rianxo
Por Redacción |