Reforzos de luxo para a Gimnástica ante unha tempada ilusionante
Por Diego Espiño
A Sociedad Gimnástica eleva os seus obxectivos para esta tempada tras pechar a incorporación de atletas importantes que cobren "una serie de carencias que teníamos", segundo recoñece Juan Romero.
Na presentación dos novos refuerzos o vicepresidente do club pontevedrés recoñeceu que co equipo masculino que se confeccionou o obxectivo fíxase en "estar en la zona medio-alta" da División de Honra, coa ilusión de clasificarse por segunda vez na súa historia para a final da competición.
Para logralo a Gimnástica recuperou ao atleta marinense Víctor Riobó, "el fichaje más importante y que vuelve a su club de siempre", tal e como defendeu o presidente, Ramón Touza.
Riobó, que competiu por última vez coa Sociedad na tempada 2003/2004, regresa a casa para reforzar o medio fondo, no que participará nas probas de 800 e 1.500 metros tratando de "acercarme a mis marcas, aunque con mis 33 años es difícil", confirma o atleta.
Víctor é para os técnicos unha vella aspiración, tras tatar de ficharlo nas últimas tempadas, e ademais unha "apuesta segura", logo dos seus resultados en equipos como o Playas de Jandía ou o New Balance que lle valeron para chegar a ser internacional absoluto en catro ocasións.
En canto ao resto de reforzos, o director técnico do club, Pablo Díaz, destaca ao triplo saltador hispano-cubano Lysvanys Pérez, un atleta con experiencia en mundiais e Xogos Olímpicos como saltador de altura e campión de España ao aire libre en 2011 e pista cuberta en 2012 en triplo cunha mellor marca que se aproxima aos 17 metros.
Ademais a Gimnástica fichou a Alejandro Otón (400 valas), David Martínez (1.500), Manuel Molinos (altura), Falu Sour (jabalina), Zakaria Bourihou (3.000 obstáculos), Francisco Javier Guzmán (disco), José Manuel Lombao (xavelina), Alfonso Pérez (400), Juan José Del Río (400), Ramón Daniel Serantes (fondo) e Darío Costas (combinadas).
Díaz destacou ademais que as novidades en fondo e medio-fondo reforzan especialmente ao equipo de cross curto, que intentará subir ao podio no campionato de España e lograr así o mellor resultado da historia para o club nesta especialidade.
O EQUIPO FEMININO, CON XENTE DE CASA
Juan Romero explicou tamén os plans para o equipo feminino, no que se decidiu non realizar fichajes para elaborar un equipo con preto de 30 mozas, na súa maioría saídas das escolas da entidade.
Con eses mimbres esperan "contruir un equipo de futuro" que participará de entrada na Liga Galega, pero que non se descarta acuda, si o ránking permítello, á fase de ascenso á Primeira División.
Relacionadas:
-
Triunfo por equipos da Sociedad Gimnástica no XXXV Memorial Belarmino Alonso de campo a través
Por Redacción |
-
Robertas Geralavicius bate o récord de maratón da Gimnástica cunha formidable carreira en Valencia
Por Redacción |
-
Pistoletazo de saída para a Gimnástica, que afronta unha tempada con renovados retos
Por Redacción |