O Comercial Durán retoma a senda da vitoria e derrota con claridade (3-0) ao EllaEl Vigo Voley
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Voleibol Pontevedra reconciliouse co bo xogo despois da derrota sufrida a pasada semana na Coruña. Volveron á senda da vitoria na Segunda División feminina. Acadaron un claro triunfo por 3-0 ante o EllaEl Vigo Voley, nun partido disputado no Multiusos da Xunqueira de Pontevedra.
O 3 a 0 anotado polas do Lérez foi fruto dun xogo moi completo co que as locais non deron opción ao EllaEl durante os primeiros dous sets, nos que venceron por 25-16 e 25-18. Tan só no terceiro parcial puideron apertar un pouco máis as de Vigo, levando a igualdade á recta final do partido que finalmente sentenciarían as locais no 26 a 24.
Este fin de semana as pontevedresas protagonizarán un dos partidos estrela da sexta xornada. Viaxarán ata A Coruña para enfrontarse a outro dos equipos que participan nese pulso polas primeiras prazas da competición, o Calasancias Coruña. O Comercial Durán é cuarto con 11 puntos, un menos que as coruñesas. Están a tres puntos do liderado.
NOVA DERROTA DO EQUIPO MASCULINO
Pola súa banda, o Comercial Durán da Segunda División masculina segue sen sumar o seu primeiro triunfo. Aínda que esta semana tampouco contaban con el. Visitaba o CGTD un dos equipos máis fortes da liga, o Club Vigo Voleibol B, que derrotaron aos pontevedreses por 0-3.
Tras opoñer certa resistencia nos primeiros parciais que foron igualmente a parar a mans do Club Vigo, os de Pontevedra deixáronse ir no terceiro que pechaba definitivamente o encontro coa maior diferenza, 13 a 25.
En catro partidos disputados os pontevedreses non conseguiron aínda puntuar, polo que cobra especial importancia o seu seguinte compromiso fronte o Ames Voleibol. Os do Lérez terán tempo de preparar este partido, xa que non será ata o 23 de novembro.