Cisne e Teucro xa coñecen sas súas follas de ruta hacia o ascenso e a permanencia
Por Manu Otero
A Real Federación Española de Balonmán sorteou na mañá deste luns o calendario correspondente ás fases finais polo ascenso a Asobal e permanencia en División de Honra Prata. Unha carreira na que os equipos pontevedreses, Cisne e Teucro, parten en posicións contrapostas.
Os brancos inician esta segunda fase no máis alto da táboa do grupo polo ascenso, o que os sitúa como un dos principais favoritos para facerse cunha das dúas prazas de ascenso a Asobal.
Pola contra, os azuis inician a súa carreira pola permanencia en última posición e con só dous puntos na súa marcadora. Os de Irene Vilaboa precisan practicamente un pleno de vitorias para non ser un dos cinco equipos que caerán a Primeira Nacional.
Dez xornadas por diante nas que só haberá cruces a dobre partido entre os equipos que non compartiron grupo na primeira fase. Na fase de ascenso o Cisne debutará como local a segunda fin de semana de marzo contra o Eivissa, mentres que o Teucro fará o propio o 12 de marzo ás 20 horas no Municipal contra o Alarcos de Ciudad Real.
O calendario do Cisne continuará cunha visita a Málaga na segunda xornada, para medirse logo ao Alacante, Barça B e Porto Sagunto para pechar a primeira volta.
Con todo, desde o conxunto branco solicitaron xa o aprazamento do partido contra o Málaga, previsto para a última fin de semana de marzo, polos compromisos internacionais de varios xogadores do Cisne.
O calendario do Teucro para a primeira volta inclúe a visita a Sarriá na segunda xornada para enfrontarse despois a Esplugues, CajaSur e Handball Sant Quirze.
Relacionadas:
-
A complicada vida do Cisne sen Jorge Villamarín
Por Diego Espiño |
-
O Ciudad Real tumba a un Teucro en caída libre (25-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Os nervios e a présa condenan ao Cisne ante o Ibiza (27-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Cisne e Teucro inician na casa a fase polo ascenso e a permanencia
Por Almu Dapena |
-
"Obxectivo Asobal", campaña de socios do Cisne para a segunda fase da tempada
Por Redacción |
-
Así quedan as fases de ascenso a Asobal e pola permanencia para Cisne e Teucro
Por Almu Dapena |
-
Obxectivos dispares para Cisne e Teucro na última xornada da primeira fase de liga
Por Almu Dapena |
-
'Match ball' para o Teucro e xornada intranscendente para o Cisne
Por Redacción |