A Gimnástica refórzase no medio fondo coa volta ao club de David Martínez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A composición do equipo da Sociedade Gimnástica para a presente tempada, na que intentará conseguir un ano máis a permanencia na División de Honra Masculina, continúa o seu curso.
A dirección técnica do club recuperou para a causa ao medio-fondista David Martínez, que xa defendera as cores da Gimnástica hai cinco anos.
Martínez, que en 2013 acreditou unhas marcas de 3'44'' no 1.500 e de 8'14'' no 3.000, fíxase uns obxectivos ambiciosos, que pasan por destacar no cross para "mejorar el noveno puesto del nacional del invierno pasado y correr por debajo de los 8 minutos en el 3.000" e na tempada de verán"arrimarme a los 3'40'' en el 1.500", segundo declarou o propio atleta.
David Martínez estreouse xa o pasado fin de semana en competición baixo as cores da Gimnástica na localidade cántabra de Ajo. Alí finalizou en sétimo lugar na dezanove edición da carreira popular Costa de Ajo, nunha proba que contou coa participación de atletas como Manuel Olmedo, Arturo Casado ou David Bustos.