A tenda de Pasarón, un reclamo para un Nadal granate
Por Manu Otero
A Noiteboa está ao virar a esquina e son moitos os que apuran estes últimos días para completar a súa carta ou satisfacer algún desexo. E para os granates, a tenda de Pasarón sempre é unha opción. Coincidindo coas festas, o Pontevedra lanzou dous produtos ao mercado que están a captar a atención de boa parte da afección: unha nova remesa de bufandas e unha oferta en chaveiros personalizables coa forma e as cores da camiseta.
A principios do mes de decembro, ás oficinas do club chegou un novo cargamento de bufandas que, combinadas coas deseñadas polo colectivo de afeccionados Siareirxs Granates, supoñen unha excelente alternativa para abrigarse nestas datas de inverno e ao mesmo tempo dar cor ao estadio. As oficiais están á venda por 10 euros, dous euros máis para os non abonados. Ao mesmo prezo véndeas Siareirxs, que aplica unha rebaixa de 5 euros para os membros da agrupación.
Pero o que máis chamou a atención nas últimas horas son os chaveiros persoalizables. Coa forma da camiseta local do Pontevedra, á que non lle falta ningún detalle, os afeccionados poden elixir que nome e número poñer á miniatura. O prezo é tamén unha invitación para ter un detalle con calquera granate próximo: 4 euros para os socios, un máis que os que aínda non se abonaron. Pódense pedir a través das redes sociais do club.
Ya puedes hacerte con el llavero-camiseta de nuestros jugadores o con el tuyo personalizado!!
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) December 21, 2021
¿A qué estás esperando? Entra en este link https://t.co/k3dn5GXLm5 y sigue los pasos que se indican en el formulario.
Precios
5€ no socios
4€ socio
Para os máis tradicionais, están á súa disposición na tenda de Pasarón as camisetas oficiais desta tempada a un prezo de 45 euros para os abonados, 50 euros para os demais. Con todo, matizan desde a entidade que nas próximas horas recibirán un novo cargamento de camisetas para repoñer as tallas M e XL que, por agora, están esgotadas.
Para completar o paquete, o merchandising do Pontevedra CF inclúe, ademais do equipcións local, suplente e de porteiro, chubasqueros, pantalón de viaxe, pantalón de paseo, pines, chaveiros co escudo, pulseiras de tea, o libro Xabi Fortes "Os últimos de Pasarón" ou unha zona outlet cos produtos restantes de tempadas anteriores. Ademais, moi pronto estará dispoñible para a venda neste establecemento a roupa de rúa do club.