Debut ligueiro con derrota do Arxil (50-76) fronte a un sólido Universitario Ferrol
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cinco minutos sen anotar. Un rival que impoñía polo revés que propinara ás arxilistas hai tan só uns días na semifinal da Copa Galicia. Demasiados condicionantes para que o Arxil puidese lograr algo positivo no seu debut ligueiro ante o poderoso Universitario Ferrol.
As visitantes non deron opción á sorpresa, impoñéndose dende o salto inicial. Un parcial de 0-9 no luminoso marcaría o desenvolvemento do partido, que foi sempre dominado polas ferrolanas.
Aínda que as de Mayte Méndez souberon repoñerse dese mal arranque, mellorando sensacións e prestacións, non puideron impedir que a renda de 14 puntos con que se chegou ao descanso fose crecendo na segunda parte. Cristina Pedrals e Ashley Arlen mandaban sobre a pista, mentres o Arxil acusaba en exceso a soidade na loita baixo taboleiros do seu pivote Tajay Ashmeade.
De nada serviu que o Arxil, tras o paso por vestiarios, aproveitase unha lixeira relaxación visitante para achegarse timidamente (38-47, minuto cinco do terceiro cuarto). As universitarias volveron tomar as rendas, retomando a vantaxe, para pechar o terceiro cuarto con 15 puntos arriba.
O último parcial foi claramente para o cadro visitante, que impuxo o seu poderío físico baixo taboleiros. Ao Arxil quedoulle o consolo de ter mellorado notablemente a súa imaxe, fronte a un dos equipos chamados a pelexar polo título.
ARXIL (50): Ana, Carla, María Lago (8), Tajay Ashmeade (19), Fani -cinco inicial-, María Centeno (8), Sandra (9), Andrea (2), Jara (2) e Cristina Díaz Pache (2).
UNIVERSITARIO FERROL (76): Cristina Pedrals (17), Marta (14), Mireia (6), Itziar (11), Bea Sánchez (5) -cinco inicial-, Ana (5), Ashley (11), Carmen (3), Saray, Lucía (4).
Árbitros: Castro e Domínguez.
Marcadores parciais: 11-19, 15-21 (26-40), 18-19 (44-59) y 6-17 (50-76, final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). Uns 150 espectadores.