Complicado desprazamento do Arxil que viaxa a Lugo para enfrontarse ao díficil Ensino
Por Redacción
Difícil saída ten o C.B.Arxil na segunda xornada da Liga Feminina dúas ante o Ensino de Lugo. Será un partido que se disputará este venres a partir das 20.00 horas no Pazo dos Deportes da capital lucense. Alí as pontevedresas tratarán de conseguir a súa primeira vitoria do campionato tras o seu debut a pasada fin de semana contra o Universitario de Ferrol.
O Arxil viaxa a Lugo coa intención de seguir crecendo como equipo e seguir cimentando o seu xogo, baseándose nun ritmo de xogo frenético e sobre todo moita presión defensiva. Así será a proposta do equipo verde: intensas en defensa, fortes no rebote e con moita rapidez no xogo, aínda a risco de perder balóns.
Será un rival complicado porque se xa de seu o conxunto lugués tiña un plantel formado para loitar polos posto de arriba, esta semana fichou procedente do Burgos de Liga Feminina a Laura Muñoz, unha base con galóns na categoría. No seu último encontro ante o Aros venceron por un claro 62-89, demostrando o seu gran potencial de xogo.
Salvo novidades de última hora, irán convocadas as mesmas xogadoras que a pasada semana: Carla, Sandra, Ana, Lago, Centeno, Cristina, Ana, Quiroga, Fany e Tajay Ashmeade.
O club porá a disposición das xogadoras de base e aos pais-socios, ata completar aforamento, un autobús para acompañar ao primeiro equipo neste desprazamento a Lugo.