O Pontillón do Castro, sede da V Woman Raid da Federación Española de Orientación
Por Redacción
Pontevedra, concretamente a contorna do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, é o lugar escollido pola Federación Española de Orientación para levar a cabo a V Woman Raid.
A proba deportiva de raids de aventura, que conta co apoio do Muller e Deporte do Consello Superior de Deportes (CSD), celebrarase o próximo 18 de decembro baixo a organización do club Habelas Hainas.
A Woman Raid é unha iniciativa coa que a Federación Española de Orientación busca fomentar a participación de mulleres nos raids de aventura e consolidar a práctica desta especialidade.
Na xornada de competición poderase participar nas categorías aventura feminino, aventura mixto, elite feminino, elite mixto, xuvenil e orientaraid.
As inscricións para participar manteranse abertas ata o martes 14 de decembro.