Vigo, primeira parada ligueira do Waterpolo Galaico
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tras a celebración da Supercopa Galega o waterpolo non para para o Galaico, que comeza este fin de semana a súa participación nas diferentes ligas autonómicas.
Os equipos alevín, infantil, cadete e absoluto masculino de Primeira División Galega inician a competición ligueira ante o Real Club Náutico de Vigo.
Á cidade olívica desprazarase o club lerezano para unha intensa xornada de waterpolo, fixada para o próximo domingo dende as 9:45 horas, momento no que se botarán á piscina os equipos absolutos de vigueses e pontevedreses.
Os de Javi de Sáa intentarán estrearse con bo pé nunha competición na que defenden título, e deixar así atrás a derrota na Supercopa ante o CW Santiago.
COPA GALEGA ABSOLUTA
A Federación Galega de Natación (FEGAN) concedeu ao Club Waterpolo Galaico Pontevedra a organización da próxima edición da Copa Galega Absoluta.
A cita terá lugar no Complexo Deportivo Rías do Sur o sábado 31 de maio de 2014.