Contundente vitoria do CW Galaico Pontevedra no seu primeiro partido ao derrotar (6-13) ao RC Náutico de Vigo
Por Redacción
Non puido comezar mellor a tempada para o Club Waterpolo Galaico Pontevedra. O primeiro rival era o RC Náutico de Vigo e os pontevedreses lograron unha contundente vitoria a domicilio por 6-13. Suman así os seus primeiros tres puntos.
O equipo do CW Galaico Pontevedra fixo un bo partido, mellorando o apartado ofensivo con respecto ao partido de Supercopa, aínda que con algúns problemas en defensa.
O partido estivo igualado no primeiro cuarto, ampliando vantaxe xa no segundo e rompendo o partido no terceiro, cun parcial de 2-6. Entre os pontevedreses foi moi destacado o debut de Xoán co primeiro equipo en partido oficial, logrando unha boa actuación.
Tamén venceron contra o mesmo rival os equipos cadete (3-5) e infantil (0-18). A única derrota da xornada sufriuna o conxunto de liga alevín de mini-waterpolo, que caeu por 10-3.
RC NAUTICO DE VIGO (6): Del Río, Navarrete (3), Ceide, Parra, Amarelo, Lafuente (1), Argibay, Parra, Carrera, Moreno, Fernández, Arias (2) y Rial.
CW GALAICO PONTEVEDRA (13): Pablito, Rober (5), Manu, Rubén, Kike, Montojo (1), Ángel, Andrés (4), Xoán, Luis, Bran (1), Juan y Raúl.
Parciais: 1-2, 1-3, 2-6, 1-1
Incidencias: Partido disputado na piscina do Real Club Náutico de Vigo, correspondente á primeira xornada da Primeira División galega de waterpolo.