O CW Santiago derrota ao Galaico na Supercopa Galega (10-13)
Por Redacción
Un mal terceiro cuarto condenou ao Waterpolo Galaico na Supercopa Galega ante un CW Santiago máis efectivo de cara a portaría (10-13).
A uns días do comezo da liga na Primeira División Galega, onde os pontevedreses defenden o título logrado a pasada tempada, o partido serviu para medir o estado dos dous últimos finalistas ligueiros.
Comezaron dominando os santiagueses no primeiro cuarto, pero o Galaico deu a volta ao marcador antes do descanso (5-4) antes de que chegase ese fatídico terceiro cuarto do que non se recuperaron os lerezanos.
CW GALAICO (10): Pablito, Rober (1), Manu, Rubén, Kike, Montojo (1), Ángel (1), Andrés (5), Raúl (1), Luis, Bran (1), Juan.
CW SANTIAGO (13): David, Miguel, Luis, Fernando (3), Héctor, Pablo (2), Brais (2), Antonio (1), Pablo (3), Ángel (1), Bruno, Adrián (1), Carlos.
Parciais: 2-3, 3-1, 2-5, 3-4.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.