O Pavillón Municipal transfórmase nun enorme tatami de taekwondo
Por Redacción & Cristina Saiz
A vixésimo terceira edición do Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra xa se está celebrando no Pavillón Municipal dos Deportes. Desde primeira hora da mañá, os deportistas de categoría alevín, precadete e júnior exhiben as súas habilidades na disputa do título destas categorías na modalidade de combate.
Este campionato é o primeiro gran evento deste deporte que acolle a cidade do Lérez desde o estalido da pandemia. Organizado polo Club Mace Sport, durante toda a fin de semana pasarán polos tapices instalados sobre a cancha do Municipal máis dun milleiro de loitadores.
Nesta xornada inaugural decídense os gañadores da modalidade de combate das categorías alevín, precadete e júnior. Mentres que o domingo tomarán a substitución os taekwondistas de categoría, cadete, sénior e máster. A actividade continuará o luns coa celebración de dúas das modalidades máis vistosas deste deporte: as de técnica e freestyle.
Relacionadas:
-
Club Número Phi, un exemplo para o taekwondo comarcal en pouco máis dun ano de vida
Por Redacción |
-
O Cisne múdase por unha xornada a Príncipe Felipe para enfrontarse ao Guadalajara
Por Redacción |
-
Pontevedra prepárase para o "primeiro gran campionato" post- covid no taekwondo galego
Por Redacción |