O Cisne múdase por unha xornada a Príncipe Felipe para enfrontarse ao Guadalajara
Por Redacción
O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe converterase esta fin de semana na casa por un día para o Club Cisne Balonmán.
O equipo pontevedrés múdase por unha xornada e recibirá este sábado (18.00 horas) o segundo clasificado da División de Honra Prata, o Guadalajara, neste novo emprazamento. O motivo é a ocupación do Municipal por parte do Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra.
Debido ao cambio e coa intención de que a maior parte dos seus afeccionados acompáñenlle no traslado, habilitarase un autobús para desprazarse ata Príncipe Felipe, que partirá ás 17.15 horas desde o Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Todo o apoio posible será ben recibido por un Cisne que quere manter a súa condición de equipo invicto esta campaña en liga para consolidarse aínda máis no liderado da categoría.
¡ATENCIÓN! Este sábado podremos un autobús para subir hasta el Príncipe Felipe con motivo del encuentro de #DHPlataMasc ante el @bmguadalajara
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) October 28, 2021
Saldrá a las 17.15 horas del @cgtd_pontevedra ¡No faltes! #VamosCisne #SomosPlata pic.twitter.com/LYBEN882U8
Relacionadas:
-
O Cisne reponse a un mal inicio para seguir co seu pleno de vitorias (29-25)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pavillón Municipal transfórmase nun enorme tatami de taekwondo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Cisne asalta Zarautz nun partido non apto para cardíacos (25-26)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne, pendente das axudas aprobadas polo CSD aos clubs de Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Sarrià rompe a boa serie do Cisne e o elimina da Copa do Rei (32-28)
Por Almu Dapena |