O Rayo Vallecano, sucesor do 'Hai que roelo' 56 anos despois
Por Diego Espiño
Pasou máis de medio século, pero ata o de agora ningún equipo máis o conseguira. Coa súa vitoria este mércores ante o Fútbol Club Barcelona, o Rayo Vallecano logrou igualar unha xesta do 'Hai que roelo'.
Desde a tempada 65-66, a segunda na historia do Pontevedra en Primeira División e o inicio do seu mito con cinco campañas consecutivas na elite, ningún recentemente ascendido conseguira vencer no seu primeiros cinco partidos de liga na casa.
Fíxoo o Rayo ao vencer a Granada (4-0), Getafe (3-0), Cádiz (3-1), Elche (2-1) e o propio Barcelona (1-0) igualando os números daquel equipo adestrado por Juan Ochoa que estaba a iniciar a súa lenda. Así o lembrou nada máis terminar o duelo en Vallecas o xornalista especializado en estatísticas Pedro Martín e tamén a conta MisterChip.
5 victorias del Rayo en 5 partidos en casa en esta Liga:
— Pedro Martin (@pedritonumeros) October 27, 2021
4-0 Granada
3-0 Getafe
3-1 Cádiz
2-1 Elche
1-0 Barça
Últimos equipos recién ascendidos que empezaron una Liga de Primera con 5 victorias en casa:
Pontevedra ('hai que roelo') en 1965
Rayo en 2021
Equipos recién ascendidos que ganaron sus primeros 5 partidos de La Liga y clasificación final en esa temporada:
— MisterChip (Alexis) (@2010MisterChip) October 27, 2021
1939-40: Zaragoza (7º)
1941-42: Deportivo (4º)
1948-49: Valladolid (12º)
1962-63: Valladolid (4º)
1965-66: Pontevedra (7º)
2021-22: @RayoVallecano (?)
Por aquel entón os granates conseguiran regresar a Primeira tras unha experiencia breve dous anos atrás estreándose cun empate a domicilio en Málaga. Unha semana despois o primeiro rival en visitar Pasarón sería o Athletic Club, sucumbindo 3-0 con dous goles de Neme e outro de Vallejo.
Tras ese encontro pasarían pola Boa Vila o Barcelona (2-0), o Sabadell (2-1) e Valencia (2-0) antes de chegar a unha data gravada con letras de ouro e brillantes na historia do Pontevedra, o 28 de novembro de 1965. Ese día, na xornada 11 de liga, visitaba Pasarón o Atlético de Madrid, ao que tombou un histórico gol de Odriozola no minuto 46 para dar o liderado a un equipo modesto que levantaba simpatías por todos os recunchos do país.
Aí quedou a cifra de vitorias consecutivas como local daquel equipo, aínda que os granates mantiveron a súa imbatibilidade tres partidos máis cun empate contra o Zaragoza e dúas vitorias ante Sevilla e Málaga. Non sería ata a visita do Real Madrid, xa na segunda volta, cando chegaría a primeira derrota na casa (1-3). Habería que esperar aínda dúas tempadas máis para ver caer aos brancos en Pontevedra (3-0 o 17 de decembro do 67), pero esa é xa outra historia.
Aquela tempada como recentemente ascendido o Pontevedra Club de Fútbol finalizou a liga na sétima posición, a súa mellor clasificación histórica.
Relacionadas:
-
Ter Stegen iguala co Barcelona un rexistro de Cobo co Pontevedra do 'Hai que Roelo'
Por Diego Espiño |
-
Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo
Por Diego Espiño |
-
Baño de masas de Joan Laporta en Marin á espera da fichaxe de Xavi
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez, a un triunfo de entrar no selecto club dos cinco
Por Manu Otero |
-
Charles, 'de cabeza' á pelexa polo pichichi
Por Diego Espiño |
-
O Coruxo, ameaza para un Pontevedra en xeira positiva: "Non podemos baixar a garda ante ningún rival"
Por Diego Espiño |
-
Regueiro de felicitacións en redes sociais ao Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
O histórico liderado do Granada en Primeira División iguala unha xesta do 'Hai que roelo'
Por Diego Espiño |
-
O 'Gol do allo' perde ao seu protagonista. Falece Rafa Ceresuela
Por Ramiro Espiño |