O Club de Montaña Xesteiras festexa os seus resultados no Campionato Galego de BTT Maratón
Por Redacción
O Club de Montaña Xesteiras foi un dos protagonistas do Campionato Galego de BTT Maratón celebrado a fin de semana na localidade lucense de Viveiro.
Un dos seus ciclistas, Manuel Parada, proclamouse vencedor na proba absoluta a pesar de competir na categoría máster 30 completando os 65 quilómetros de percorrido con case 2.500 metros de desnivel acumulado en 3 horas, 23 minutos e 32 segundos, con máis de dous minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado.
"O circuíto adaptábase ás miñas condicións. Ten baixadas técnicas, nas que se poden abrir distancias, e as subidas son longas e con bastante inclinación. É dos percorridos máis esixentes que coñezo, é durísimo", declarou á Federación Galega o gañador, vencedor tamén do Open de España de Cros Country Olímpico na categoría máster-30.
O Xesteiras festexou tamén cadro podios máis nas categorías máster. Foron os de Manuel Casuso (3º en máster-30), Álex Trasbach (2º en M-40), Iván Pereira (3º en M-40) e Tono Abal (3º en M-50). Ademais José Bestilleiro foi sexto en M-40 e Yago Breigo noveno en M-30.
Esta proba supoñía o peche de tempada no calendario autonómico de BTT.