Un débil Teucro é dobregado por un moi superior Zamora no primeiro partido de liga (33-26)

Por Almu Dapena
Mal comezo de tempada para a Sociedade Deportiva Teucro, que se mostrou débil e impreciso ante un Balonmano Zamora que se fixo dono do partido desde o minuto uno. Irene Vilaboa probou alternativas para cambiar a dinámica do seus pero os locais foron moi superiores que os deixaron sen opcións xa na primeira metade (33-26).
Os erros en ataque e en defensa por parte do Teucro foron vixentes desde que soou o bocinazo inicial, atopándose contra as cordas nada máis comezar o duelo cun parcial en contra de 5-1. Tentou reverter a situación Irene Vilaboa parando o cronómetro cando aínda había opcións de remontar, con todo, lonxe de dar coa tecla, o seu equipo atopouse cunha diferenza difícil de soster (min. 10, 7-3).
Non había forma de reverter a situación. Os azuis ían costa abaixo e sen freos, mostrando unha imaxe de impotencia tanto en ataque como en defensa que o Zamora aproveitaba para golpear unha e outra vez ampliando a súa diferenza mesmo defendendo cun xogador menos.
Pasaban os minutos e o Teucro mostrábase máis débil, sendo Alejandro Pereiro con catro goles o mellor do equipo pontevedrés en ataque. A el uníronselle, pero tarde, Álex Sánchez e Víctor Deco, que tentaron manter vivo ao seus pero con pouca fortuna.
A sangría chegou a ser tal na primeira metade que o Zamora fíxose cun colchón de 9 goles, dobrando os que anotara o conxunto azul (min. 25, 18-9). Xa nos últimos 5 minutos do primeiro acto, o Teucro si aproveitou a súa superioridade numérica para reducir brevemente a distancia cando se chegaba ao descanso (20-12).
Tiña que ocorrer un milagre para que os de Pontevedra obrasen a remontada e, a pesar de que despois do paso polos vestiarios os locais mostraron un leve escintileo de fraqueza para gol, o Teucro non soubo valerse dese vento a favor para escalar uns banzos que o revivisen.
Os minutos pasaban e o Zamora seguía ao seu. Golpeaban os azuis e facía o propio o seu rival, pero por partida dobre, ás veces mesmo tripla, deixando o duelo visto para sentenza cando se alcanzaba o ecuador do segundo tempo (26-15).
Con Víctor Deco e Alejandro Pereiro, con sete goles cada un, os pontevedreses maquillaron un resultado que xa era máis que avultado. Finalmente, o duelo finalizou nun contundente 33-26. Duro golpe para o Teucro, que ten moito que rectificar se quere saír vivo desta campaña.
Relacionadas:
-
O mal inicio de curso fai saltar as alarmas no Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro afunde na súa visita o Soria (36-26)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne reina en Pontevedra (25-30)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Teucro e Cisne velan armas para o derbi pontevedrés da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Cisne coñecen os seus rivais para a primeira rolda da Copa do Rei
Por Redacción |
-
Cisne e Teucro inician o curso con ilusións renovadas
Por Redacción |
-
As fichaxes do Teucro velan armas para a nova tempada
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa pon deberes ao seu novo Teucro: "Subir a intensidade ao que xogabamos o ano pasado"
Por Diego Espiño |