Teucro e Cisne coñecen os seus rivais para a primeira rolda da Copa do Rei
Por Redacción
Despois dun ano con formato reducido á súa fase final debido á pandemia, a Copa do Rei de balonmán recupera a súa estrutura habitual dos últimos anos coa participación dos equipos da División de Honra Prata.
Aí entran tanto Sociedad Deportiva Teucro como Club Cisne, centrados na preparación do próximo derbi pontevedrés na liga pero que este martes coñeceron aos seus rivais na primeira rolda do Torneo do K.O.
A Real Federación Española de Balonmán acolleu o sorteo dunha eliminatoria a partido único fixada para a fin de semana do 16 e 17 de outubro.
No mesmo o Teucro quedou emparellado coa UD Ibiza, nun partido que se disputará no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Pola súa banda o Cisne deberá afrontar unha longa viaxe ata Cataluña para medirse ao Unió Esportiva Sarriá.
O resto de cruces son: Trops Málaga-Villa de Aranda, Zamora-Alarcos Ciudad Real, Handbol Sant Quirze-Atlético Novás, BM Soria-Guadalajara, Esplugues-San Pablo Burgos, Cajasur Córdoba-Alcobendas e Zarautz-Barça B.
Relacionadas:
-
O Teucro afunde na súa visita o Soria (36-26)
Por Almu Dapena |
-
Recital defensivo e terceira vitoria consecutiva do Cisne fronte o Villa de Aranda (35-20)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne reina en Pontevedra (25-30)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Teucro e Cisne velan armas para o derbi pontevedrés da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Un débil Teucro é dobregado por un moi superior Zamora no primeiro partido de liga (33-26)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne regresa pola porta grande superando a un débil Atlético Novás (29-21)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |