Os afeccionados do Pontevedra denunciados por Mauricio Rodríguez irán a xuizo por ameazas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A denuncia presentada polo expresidente do Pontevedra, Mauricio Rodríguez, sobre os supostos incidentes acaecidos ao termo do partido da pasada tempada entre Villalonga e Pontevedra, disputado no campo de San Pedro o día 5 de maio, serán obxecto dun xuízo de faltas que terá lugar no Xulgado de Paz de Sanxenxo o próximo 13 de novembro, ás 11:00 horas.
Segundo puido saber PontevedraViva, oito afeccionados granates foron citados polo indicado Xulgado de Paz de Sanxenxo, en calidade de denunciados, á celebración dun xuízo de faltas, seguido por unha falta de ameazas, como consecuencia da denuncia presentada no citado día 5 de maio polo entón presidente, Mauricio Rodríguez, no cuartel da Garda Civil de Sanxenxo.
No texto da denuncia faise constar que Mauricio Rodríguez comparece ante o instrutor da denuncia "en calidad de denunciante-víctima", para indicar que "sobre las 19:30 horas" do devandito día "después de haber visto el encuentro de fútbol entre los clubes Villalonga y Pontevedra del que es presidente, cuando entró en su vehículo (do que se transcriben os seus datos) en compañía de dos amigos llamados D. Demetrio Pazos Lorenzo y D. Miguel Álvarez Taboada, con la intención de dirigirse a la localidad de Pontevedra, fueron rodeados por un grupo de unas 10 personas y cuatro de estas aporrearon el vehículo violentamente mientras amenazaban con gestos de pasar el dedo índice por el cuello gritaban toda clase de amenazas e insultos hacia su persona".
A continuación na denuncia recóllese que: "De ese grupo una chica joven morena destacaba en virulencia golpeando la ventanilla, que por el ruido parecía que tenía algo contundente en la mano".
Seguindo co relato da denuncia, Mauricio Rodríguez sinala que "una persona de Villalonga le facilitó la salida a la carretera", e que na devandita estrada había dous policías locais "a unos 20 metros aproximadamente de donde ocurrieron los hechos, los cuales no le prestaron atención ni ayuda alguna y que al comienzo del acoso al que fue sometido, realizó una llamada al 112 pidiendo ayuda por la situación en la que se encontraba. En dicho lugar no se presentó nadie a socorrerlo".
En resposta á pregunta sobre "si tiene testigos de los hechos denunciados, manifiesta que sí, sus acompañantes y un chófer del autobús de la empresa Monbus que traslada a los jugadores del Pontevedra".
Os axentes que recolleron a denuncia preguntaron tamén a Mauricio Rodríguez sobre "cuánto tiempo transcurrió durante el acoso", ao que el manfiestou que "sobre unos dos o tres minutos", para rematar indicando a denuncia que podería identificar algunhas das persoas que participaron nos feitos por fotos.
Relacionadas:
-
Absoltos os afeccionados do Pontevedra aos que Mauricio Rodríguez denunciou por ameazas
Por Diego Espiño |
-
Mauricio Rodríguez, incapaz de identificar no xuízo os afeccionados aos que denunciou por ameazas
Por Diego Espiño |
-
Mauricio Rodríguez denuncia insultos e abaneos ao seu vehículo ao final do partido de Vilalonga
Por Ramiro Espiño |