Ángel Rodríguez resta importancia á goleada e ve ao equipo cada vez máis "afinado"
Por Manu Otero
O Pontevedra segue avanzando na súa posta a piques de cara ao comezo da competición. E faino a base de goles. Os granates endosaron oito tantos este mércores ao Vilalonga, pero Ángel Rodríguez prefire quedar coa mellora do equipo e do xogo colectivo e restar importancia á goleada.
"Foi un partido máis que segue facéndonos mellorar e que a preparación camiñe cara adiante", dixo o técnico tras o partido, no que aliñou un once que podería non distar moito do que dispoña na primeira xornada de liga fronte ao Compostela, salvo pola ausencia de Rufo, que será un fixo nos onces do preparador leonés.
Sobre o xogo do equipo neste último encontro de preparación, Rodríguez recoñeceu que "xa queda menos para que inicie o campionato e imos afinando un pouco en todo". E recalcou que o que máis lle importa é que os seus xogadores "váianse poñendo en forma, estean cada vez máis precisos co balón e que vaiamos entendendo como queremos xogar", resolveu.