O Vitaldent Pontevedra roza a proeza (29-30) ante o Seis do Nadal, un dos favoritos da categoría
Por Redacción
Por segunda semana consecutiva o Vitaldent BM. Pontevedra estivo a piques de dar a sorpresa. Se a semana pasada puxo en apretos ao OAR Coruña na súa propia cancha, esta vez outro dos favoritos ao ascenso de categoría, o Seis do Nadal, tívose que entregar a fondo para dobregar os pontevedreses. Fixérono por un só gol (29-30) nun emocionante partido que se celebrou este domingo no Pavillón dos Deportes.
Os vigueses viñan de gañar, tamén por un gol, ao Cisne. Tralas vitorias de Mecalia Novás e Luceros, non podían permitirse o luxo de deixarse en Pontevedra os dous puntos. Pero sufriron ata o último momento, grazas ao bo partido dos homes dirixidos por Pedro Pérez. Foi un encontro no que ambos equipos alternáronse por diante do marcador. De feito, o Vitaldent Pontevedra foise ao descanso cun gol de vantaxe (17-16).
Pero no segundo tempo, o Seis do Nadal aproveitou unha exclusión a Daniel Gómez nunha das primeiras xogadas para situarse por diante do marcador. Tras varios erros defensivos os pontevedreses situáronse catro goles abaixo (23-27) a falta de nove minutos. Pero non se renderon e loitaron ata o final. Un gol de Anxo Soliño poñía o 29-30 a falta de 20 segundos devolvía a ilusión á afección local, pero o equipo de Coia non se deixou sorprender e o resultado foi definitivo.
Con este resultado, o Seis do Nadal sitúase terceiro na clasificación con 7 puntos. O Vitaldent Pontevedra, cunha única vitoria en catro xornadas, ten 2 puntos e é undécimo na táboa.
VITALDENT PONTEVEDRA (29): Anxo, Galán, Jorge, Francisco, Rey (2), Montesinos (2), Soliño (12), Alberto (3), Garrido (2), Iglesias (4), Gonzalo (3) y Daniel (1).
SEIS DO NADAL (30): Boullosa, Iago, Roberto (4), Iván López, Freijeiro, Germán Iglesias (7), Álex (3), Abrahan (4), Denís Estévez (1), Antón Rey (1), Andrés Novoa (2), Andrés Rial (5), Costa (2) y Escudero (1).
Árbitros: Víctor Rollán y Keiko Clara Takeuchi (Castilla y León)
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 6-5, 10-9, 12-11, 15-13, 17-16 (descanso) 17-18, 18-19, 20-21, 23-26, 25-27 y 29-30 (final).
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra)