Derrotas mínimas de Cisne e Vitaldent Pontevedra fronte a Seis do Nadal e Oar Coruña
Por Redacción
As rigorosas decisións arbitrais na segunda parte privaron ao Cisne de conseguir algún punto na súa visita á pista do Seis do Nadal. O equipo de Edín Covelo non estivo ben no primeiro tempo, pero mellorou no segundo chegando a poñerse por diante no marcador a falta de só cinco minutos.
Neses compases finais as rigorosas exclusións sufridas polo Cisne condicionaron o xogo e o resultado, permitindo aos locais alzarse cun axustado triunfo.
SEIS DOMINGO NADAL (28): Boullosa, Roberto (4), Iván (2), Pablo Blanco, Germán Iglesias (2), Álex (7), Abrahan (2), Denís Estévez, Antón Rey, Andrés Novoa, Nacho, Costa (5), Escudero (4) e Pablo (2).
CISNE (27): Yago González, Edu, David López, Pablo Domínguez (6), Álex Chan, Pablo Rey, Andrés Sánchez (1), Rafa Dasilva (5), Pablo Picallo (2), Carlos Rodríguez (6), Miguel Simón (3), Alberto López (2) e Javi Vázquez (2).
Árbitros: Luis Colmenero e Francisco Conejo (Castela e León).
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 3-5, 5-6, 9-6, 11-9, 14-11 (descanso), 16-15, 18-18, 21-19, 24-23, 25-26 e 28-27 (final).
Incidencias: Pavillón de Coia (Vigo). Uns 250 espectadores.
ARREPOR O VITALDENT NA CORUÿA
Non era a pista máis alcanzable para puntuar e non obstante o equipo que adestra Pedro Pérez a punto estivo de facer saltar a sorpresa na súa visita o Oar Coruña. Ao final a vitoria quedou na casa por tan só dous goles, despois de que os pontevedreses enxugasen unha desvantaxe de seis tantos, quedando ás portas de conseguir algún punto.
O equipo coruñés levou a iniciativa no marcador, pero o Vitaldent nunca lle perdeu a cara ao partido, se ben algunhas precipitacións nas xogadas de ataque que provocaron varias perdas de balón resultaron decisivas.
OAR CORUÿA (32): Santos, Cristian, Alfonso (2), Mateu (2), Lozano (6), Couceiro (2), Canedo (14), Carlos, Martín, Pedro (5), Fabián, Sarasola (1), Suárez, Picado e Camilo.
VITALDENT PONTEVEDRA (30): Anxo, Galán, Otero, Jorge, Francisco, Rey (6), Montesinos (5), Soliño (8), Alberto (2), Garrido (4), Iglesias (4), Gonzalo (1) e Eloy.
Árbitros: Lucas Crespo e Pablo Álvarez.
Marcador (cada cinco minutos): 3-2, 5-5, 9-5, 12-8, 12-11, 15-14 (descanso) 19-16, 21-18, 25-21, 26-23, 29-26 e 32-30 (final).
Incidencias: Pavillón de San Francisco Javier (A Coruña). Uns 50 espectadores.