Deportivo e Coruxo, novos rivais para a pretempada do Pontevedra
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol engadiu dúas novas datas ao seu calendario de pretempada, que se inicia este mesmo domingo 2 de agosto visitando no seu campo o Estradense (20.00 horas) tras só unha semana de traballo.
Eses novos encontros serán test esixentes para os granates. Por unha banda mediranse a un rival da súa liga como o Coruxo o 14 de agosto, no campo de Baltar, en Portonovo (20.00 horas).
Ademais o 21 de agosto viaxarán ata a localidade coruñesa de Ordes para medirse a un rival de Primeira RFEF como o Real Club Deportivo (19.00 horas) nun duelo que se disputará no campo de Vistalegre.
Estas citas únense á sinalada do Estradense e aos partidos contra o Racing de Ferrol o 8 de agosto (19.00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón no Trofeo Cidade de Pontevedra e contra o Alondras o 7 de agosto no Morrazo na primeira rolda da Copa RFEF.
De non avanzar nesta competición oficial, na súa fase autonómica, a entidade granate disputará outros duelos amigables como o pactado co Arousa o 29 de agosto en Baltar.
Relacionadas:
-
Acceso de balde para os socios no amigable ante o Racing de Ferrol en Pasarón
Por Redacción |
-
O lateral esquerdo Samu Araújo, sorpresa no adestramento e oitava fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra afronta "con muchas ganas" o primeiro partido de pretemporada contra o Estradense
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Hummel seguirá vestindo o Pontevedra un ano máis
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ponse en marcha sen positivos no plantel e a ritmo de dobre sesión
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra cita 25 futbolistas para iniciar a pretempada
Por Almu Dapena |
-
A covid-19, unha preocupación para o Pontevedra ante o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez rodéase no Pontevedra dun corpo técnico "que lleva sangre granate"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |