Javi Gómez Noya, a polo anhelado ouro olímpico en Tokyo 2020
Por Alejandro Espiño
Chegou o día. Javi Gómez Noya buscará esta madrugada un ouro olímpico co que coroar a súa extraordinaria carreira deportiva. O tríatlon ábrese paso no programa deportivo de Tokyo 2020 e farao co deportista galego como un dos seus grandes favoritos.
Tras o seu cuarto posto en Pequín 2008, a súa prata en Londres 2012 e a súa ausencia por lesión en Río 2016, Gómez Noya tratará de alcanzar a ansiada medalla de ouro nuns xogos olímpicos.
Iso si, non o terá fácil. Xunto ao triatleta afincado en Pontevedra, España presenta unha selección de elite formada por Fernando Alarza e o tricampión mundial Mario Mola.
Entre os principais rivais dos atletas españois estarán, entre outros, o francés Vincent Luís, o noruegués Kristian Blummenfelt ou os ingleses Alex Yee e Jonathan Brownlee.
A carreira disputarase a partir das 23:30 horas e, segundo todos os expertos, a maior dificultade dos triatletas será enfrontarse a un circuíto moi técnico e ás esixentes condicións climáticas, especialmente polas altas temperaturas e a humidade.
Precisamente, para minimizar estes efectos, a proba arrincará tan cedo -as seis e media da mañá en Tokyo- para os deportistas.
Os participantes, ao ser distancia olímpica, completarán 1.500 metros a nado -onde a auga podería roldar os 30 graos-, 40 quilómetros sobre a bicicleta e 10 quilómetros a pé.
Relacionadas:
-
Gómez Noya pecha unha etapa tras os Xogos: "Posiblemente fose a miña última carreira ITU"
Por Diego Espiño |
-
A calor de Tokyo asfixia as opcións de Gómez Noya, que finaliza no posto 25
Por Diego Espiño |
-
Caetano Horta cumpre na repesca e estará nas semifinais de dobre scull de remo
Por Alejandro Espiño |
-
Gómez Noya, a por todas nos Xogos de Tokyo: "Me veo en la pelea"
Por Diego Espiño |
-
Chegan os Xogos Olímpicos: Así será o calendario pontevedrés con Gómez Noya como primeiro en competir
Por Diego Espiño |