O rugby pontevedrés recupera o seu derbi: Mareantes e Pontevedra RC inician a tempada
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
A 1ª División Galega de rugby inicia a tempada oficial o próximo fin de semana nunha competición que vivirá, por segunda vez, un enfrontamento entre os dous equipos pontevedreses.
O recén ascendido Pontevedra Rugby Club debutará na primeira cita do curso cun encontro ante o Universidade de Vigo "B" na cidade olívica, despois de protagonizar unha intensa pretempada con catro partidos nos que só sumou unha derrota, ante Os Ingleses de Vilagarcía.
Para o seu presidente, Félix Álvarez, a tempada parte co obxectivo claro de manter a categoría: "somos las cenicientas, acabamos de ascender y hay equipos muy fuertes pero en los amistosos hemos demostrado que van a tener que sudar para ganarnos".
Pola súa banda o Mareantes deberá esperar unha semana máis para estrearse na liga tamén ante o Universidade de Vigo "B".
Dende o club, que a pesar de lograr o campionato o pasado ano permanece na categoría, esperan poder loitar de novo polo título, como recoñece Eloy Díaz: "nuestro objetivo será volver a ganar pero intentaremos mejorar la clasificación en la liga regular".
O derbi entre os dous equipos pontevedreses quedou fixado para a sétima joranada, o 14 de decembro, e para a última da liga regular, prevista para o día 1 de marzo.
Pola súa banda o equipo vilagarciano e Os ingleses iniciará a competición na casa do Zalaeta RC.
Consulta o calendario completo da 1ª División Galega de rugby para a presente tempada.