O Mareantes, preparado para o seu debut ante o Universidade de Vigo B
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un renovado Mareantes Rugby Club inicia o sábado a súa defensa do título na 1ª División Galega, e faino ante o campión da liga regular a pasada tempada, o Universidade de Vigo B.
O equipo pontevedrés, tras descansar na primeira xornada, recibe os vigueses en Monte Porreiro o próximo sábado 19 de outubro (16:15 horas).
Ata cinco incorporacións presentará o Mareantes neste inicio de competición con respecto ao equipo do curso pasado, ademais do cambio no banco coa baixa de Raúl Varela por motivos familiares, cuberta polo ata agora segundo do conxunto, Guillermo Landrove.
En canto ás novidades o club contará con Nathan Taylor Blyth, un terceira liña de 21 anos con experiencia na liga universitaria británica; Renzo Gardonio, xogador arxentino con experiencia en varios clubs españois de máxima categoría; Salva Ferradás, Alejandro Hernández e o xogador das categorías inferiores Jaime Díaz-Pache.