O play-off do Arosa, aprazado por un positivo por covid no Choco
Por Redacción
Novo aprazamento na Terceira División que afecta os plans do Arosa.
O conxunto arlequinado xa se viu obrigado a esperar para xogar o seu partido da última xornada fronte ao Somozas, na que se asegurou contar con vantaxe de campo no play-off de ascenso á Segunda RFEF, e agora a súa eliminatoria de semifinais da fase de ascenso foi posposta.
O motivo é o positivo por covid detectado nun xogador do Choco, que este domingo 30 de maio debía enfrontarse ao Somozas nun dos partidos de cuartos de final e que foi aprazado "a unha nova data o máis próxima no tempo que se determinará por este órgano tan pronto como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo", sinala na súa resolución a Real Federación Española de Fútbol.
Os de Vilagacía non tiñan previsto entrar en xogo ata as semifinais o 6 de xuño, aínda que agora esa cita non poderá celebrarse ata que se poida completar o Somozas-Choco.
O Arosa deberá enfrontarse a un dos vencedores do Somozas-Choco ou Alondras-Estradense, eliminatoria esta que si se mantén para o 30 de maio. Concretamente os de Rafa Sáez mediranse ao equipo con peor clasificación na segunda fase da liga, por iso é polo que é necesario agardar a evolución do caso de covid detectado nun dos participantes do play-off.
Relacionadas:
-
Vilagarcía vela armas para vivir o play-off do Arosa: "A cidade vai estar volcada"
Por Redacción |
-
A semifinal polo ascenso do Arosa, o sábado 12 ou o domingo 13 de xuño
Por Redacción |
-
O Arosa xogará a fase de ascenso a 2 RFEF na casa tras vencer o Somozas por 3-1
Por Almu Dapena |
-
O aprazado Arosa-Somozas xogarase o 23 de maio, e a fase de ascenso desde o 30
Por Redacción |
-
Aprazado o partido entre o Arosa e o Somozas ao detectarse un positivo por covid no equipo coruñés
Por Redacción |