As contas do Pontevedra para salvarse do descenso á Terceira RFEF nunha última xornada de pesadelo
Por Diego Espiño
Ata última hora do domingo, pasadas as 22.30 horas da noite, non se aclarou o panorama que terá por diante o Pontevedra Club de Fútbol na última xornada de liga, unha xornada de infarto na que pelexará por evitar caer á Terceira RFEF, a quinta categoría do balompé nacional.
A esa hora dábase por concluído o partido entre Villarrubia e Las Rozas, que a priori pode parecer que debería importar pouco. Si o facía, e é que grazas a un gol do ex-granate Jesús Berrocal dando o triunfo aos primeiros, ao Pontevedra valeríalle un empate no seu partido a vida ou morte fronte ao Real Oviedo Vetusta.
Tras as táboas en Villaviciosa e a vitoria do Salamanca, os de Luisito caeron á terceira praza do grupo I con 31 puntos, un lugar que poñía en perigo a continuidade na categoría de ser o peor dos terceiros entre os cinco grupos. Foron horas de suma de puntos e coeficientes para saber que esperar, e só a derrota de Las Rozas aclara un pouco a situación apuntando ese peor terceiro ao grupo V.
Agora o Pontevedra sabe que será equipo de Segunda RFEF se vence ao Real Oviedo Vetusta no Estadio Municipal de Pasarón pero tamén se empata. Pouco importa o que fagan Coruxo (33 puntos) ou Salamanca (32). Só a derrota enviaríalle a Terceira, claro que o rival será precisamente o único que pode excederlle na táboa, e ao que só lle valerán os tres puntos.
Nunha tempada para o esquecemento, 90 minutos definirán a magnitude da catástrofe. Polo menos farano co respado da afección, cun encontro que poderá contar con ata 3.000 afeccionados nas bancadas. Avecíñanse curvas e moitos nervios, e ese apoio pode marcar a diferenza.
Relacionadas:
-
Sufrimento e salvación con goleada final (3-0) para un Pontevedra que evita caer á Terceira RFEF
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Rexeitada unha petición do Oviedo para aprazar o partido do seu filial en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
200 entradas gratis para animar a encher Pasarón contra o Oviedo B
Por Manu Otero |
-
Álvaro Cortes: "O máximo que podemos darlle á afección é unha vitoria e o equipo vai ir a matar a por ela"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra convoca á súa afección para evitar o desastre
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra desperdicia dous goles de vantaxe en Villaviciosa e xogarase o seu futuro na última xornada (2-2)
Por Diego Espiño |