O Pontevedra convoca á súa afección para evitar o desastre
Por Manu Otero
O Pontevedra está ao bordo do abismo. O conxunto granate xoga este domingo un dos partidos máis importantes, senón o que máis, da súa historia recente. O cadro de Pasarón non pode perder o seu duelo deste domingo ás 12 horas contra o Oviedo B senón quere dar cos seus ósos o próximo ano na Terceira RFEF, a quinta categoría do fútbol español a partir do próximo curso, o que é agora mesmo a Rexional Preferente.
Para evitalo, na sala nobre do templo de Lérez son conscientes de que precisan o apoio dunha afección queimada polo enésimo fracaso deportivo do club nos últimos anos. Por iso, este martes fixeron pública unha promoción que ten como meta levar ao maior número de afeccionados a Pasarón e, entre todos, evitar que a tempada sexa aínda máis ruinosa.
Os socios deben poñerse en contacto co club (socios@pontevedracf.com) para confirmar a súa asistencia, mentres que os que non sexan abonados poderán retirar entradas a 5 euros para calquera das catro bancadas. Ademais, os menores de 18 anos poderán acceder de forma gratuíta.
Os interesados en asistir ao partido deben pasar polas oficinas de Pasarón entre as 9 e 14 horas ou as 16 e as 19 horas presentando o seu DNI para recoller a súa entrada. As butacas iranse asignando por orde de chegada ata completar o aforo máximo autorizado que será de 3.000 espectadores.
Último partido de la temporada 20/21!
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 18, 2021
Partido decisivo en el que todos participamos.
R.Oviedo Vetusta
Domingo 23
12:00h
Estadio Municipal de Pasarón
Entradas 5€ en todas las gradas.
Menores de 18 años, gratis!! pic.twitter.com/rs8IDaSjn7
Mentres tanto, a afección comeza a mobilizarse a través das redes sociais. O malestar co xogo e os resultados do equipo ou coa planificación do persoal quedarán ao carón porque "non é por eles, é por nós", recollía un tweet compartido por moitos seguidores do club nas últimas horas.
Os máis fieis estarán o domingo na bancada de Pasarón animando aos de granate para evitar que deixen ao club nunha situación deportiva e económica de difícil solución e, cando o consigan, tamén corre como a pólvora polas redes sociais, farán oir a súa frustración e enfado.
Relacionadas:
-
Sufrimento e salvación con goleada final (3-0) para un Pontevedra que evita caer á Terceira RFEF
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Rexeitada unha petición do Oviedo para aprazar o partido do seu filial en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luisito: "Válenos o empate, pero hai que gañar"
Por Manu Otero |
-
200 entradas gratis para animar a encher Pasarón contra o Oviedo B
Por Manu Otero |
-
Álvaro Cortes: "O máximo que podemos darlle á afección é unha vitoria e o equipo vai ir a matar a por ela"
Por Manu Otero |
-
As contas do Pontevedra para salvarse do descenso á Terceira RFEF nunha última xornada de pesadelo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra desperdicia dous goles de vantaxe en Villaviciosa e xogarase o seu futuro na última xornada (2-2)
Por Diego Espiño |