O mítico He Zhi Wen 'Juanito' regresa á Superdivisión con 59 anos e debutará contra o Monte Porreiro
Por Almu Dapena
O considerado mellor xogador español de tenis de mesa, He Zhi Wen 'Juanito', regresa á Superdivisión como reforzo para o Covirán Huétor Vega. O padeeiro de 59 anos, procedente da Segunda División Francesa, debutará co equipo granadino na máxima categoría española contra o Tenis de Mesa Monte Porreiro o sábado 22 de maio ás 11:00 horas.
O próximo rival do equipo pontevedrés conta cun longo currículo. Disputou catro Xogos Olímpicos coa Selección Española (Atenas 2004, Pekín 2008, Londres 2012 e Río 2016) e durante dúas décadas estivo a vestir as cores da selección, da que se retirou hai 5 anos.
He Zhi Wen 'Juanito' regresa do Miramas 1, conxunto da Segunda División Francesa, para enfrontarse na nova concentración da Superdivisión contra o Monte Porreiro, o ADTM Leganés e o San Sebastián de los Reyes.
O xogador foi presentado o venres pasado en Granada e buscará axudar ao seu equipo para manterse na categoría. Actualmente, o Covirán atópase quinto con seis puntos, a un do Visit Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro ata na última xornada a permanencia na Superdivisión
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro refórzase co regreso do olímpico arxentino Horacio Cifuentes
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rasca un valioso empate nunha complicada concentración da Superdivisión
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro presume de título na Primeira Nacional Feminina
Por Redacción |
-
Unha vitoria e un empate para o TM Monte Porreiro na Superdivisión
Por Redacción & Cristina Saiz |