O Pavillón Municipal acollerá a fase final da liga galega xuvenil de balonmán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pontevedra será sede o sábado 1 e o domingo 2 de maio da fase final da Liga Galega Xuvenil de Balonmán, que contará co Club Cisne como anfitrión.
O evento disputarase no Pavillón Municipal dos Deportes, tras achegar o Concello os preto de 5.000 euros entre o canon esixido pola Federación Galega de Balonmán e o custe do dispositivo de control e seguimento do protocolo covid, ademais da asistencia técnica necesaria.
A cita aproveita o parón no calendario tanto da Liga Asobal como da División de Honra Prata, sen partidos a próxima fin de semana.
"Pontevedra é a cidade do balonmán, polo que estamos encantados de albergar un evento deste nivel" sinalou respecto diso o edil de Deportes, Tino Fernández.
A fase final dará comezo o sábado día 1 coas dúas semifinais, entre Carballal e Luceiros (17.00 horas) e entre o Cisne e o Xiria (19.00 horas).