20 mozos regatistas gozan da clase maxistral de Silvia Mas en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A campioa de España absoluta de Optimist Silvia Mas ofreceu este sábado unha clase maxistral a 20 regatistas galegos de 9 a 14 anos nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo.
A catalá trasladou a súa experiencia e trucos para poder manexar mellor a embarcación ante uns asistentes entre os que se encontraban regatistas de Combarro, Canido, Vilagarcía, Sanxenxo e Vigo, algúns destacados dentro da frota galega da especialidade como Martín Wizner, Jaime Lusquiños ou María Diz.
A chuvia non impediu que a xornada se celebrase con normalidade, realizando primeiro unhas horas de clase teórica antes de lanzarse ao mar coas embarcacións e intentar poñer en práctica o aprendido.
Silvia Mas resolveu as dúbidas formuladas polos asistentes, dos que asegurou querer "enseñarles todo lo que aprendí en mis años en el Optimist: tácticas, técnicas, maniobras Todo lo que yo hacía y todo lo que quieran saber".
A xornada foi organizada pola Federación Galega de Vela e o Equipo Movistar.
Relacionadas:
-
A vela oceánica achégase aos regatistas galegos cunha clase maxistral en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Fernando Echávarri, adestrador por un día no Centro Galego de Vela
Por Redacción |
-
A campioa de España Silvia Mas compartirá a súa experiencia cos regatistas galegos de Optimist
Por Redacción |
-
Como aprender kiteboard, wíndsurf ou vela da man de campións olímpicos ou do Mundo
Por Diego Espiño |