Fernando Echávarri, adestrador por un día no Centro Galego de Vela
Por Redacción
O Centro Galego de Vela, en Vilagarcía de Arousa, acollerá o próximo sábado unha nova clase maxistral organizada pola Federación Galega de Vela e o Equipo Movistar, impartida nesta ocasión por Fernando Echávarri.
O campión olímpico en Beijing 2008 e Mellor Regatista do Mundo en 2005 pola Federación Internacional de Vela compartirá as súas experiencias e coñecementos con regatistas das clases Láser e Omega.
Dende as 10:00 horas da mañá, todos os asistentes gozarán de máis de sete horas de clase con Echávarri como mestre repartidas nunha clase teórica e dúas sesións na auga.