O último tren pola permanencia para o Cisne pasa por Nava de la Asunción
Por Redacción
Non hai xa máis marxe para o erro. A derrota o mércores no derbi provincial da Liga Asobal reduciu ao mínimo as esperanzas do Dicsa Modular Cisne de pelexar ata o final de tempada pola permanencia na máxima categoría.
Os pontevedreses están lonxe do obxectivo debido ás moitas semanas que acumulan sen gañar, algo que pode cambiar de conseguir sumar dous puntos na súa visita á pista doutro rival directo, o Balonmano Nava.
O Cisne, sen apenas descanso para recuperar as xornadas aprazadas pola covid, desprázase este domingo 4 de abril (16.00 horas, LaLigaSportsTV) á localidade segoviana de Nava de la Asunción no que supón unha das súas últimas oportunidades de engancharse á loita pola salvación.
Os de Jabato chegan á cita con 7 puntos polos 13 do seu rival, polo que unha vitoria permitiría incrementar as súas opcións e tamén a moral do equipo.
Cada detalle pode resultar decisivo, como a profundidade de banco. Neste sentido o técnico poderá contar esta vez co brasileiro Guilherme Valadao, que perdeu o choque fronte ao Cangas do mércores ao fichar polo Cisne despois da data prevista para o duelo, aínda que seguen sen estar os lesionados Andrés Sánchez e Jose Leiras.
Tras este encontro, a seguinte parada para os pontevedreses será recuperar outra xornada perdida visitando ao Ademar de León o mércores 7 de abril.
Relacionadas:
-
Dolorosa derrota ante o Nava dun Cisne que vai costa abaixo e sen freos (24-19)
Por Almu Dapena |
-
Afundimento no derbi dun Cisne negado en ataque (20-24)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne apágase tras o descanso ante un Logroño moi superior (21-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un cambio de data do encontro aprazado contra o Granollers dá aire ao Cisne antes da súa semana decisiva
Por Redacción |
-
Contundente derrota do Cisne fronte a un Bada Huesca que o deixou sen opcións (32-19)
Por Almu Dapena |
-
Anaitasuna noquea o Cisne, que acabou na lona tras dous arreóns dos navarros (28-32)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |